Unha decisión drástica ou acertada?

AROA CEBREIRO

O peche do curso escolar converteuse durante este confinamento nun dos principais debates a nivel educativo. Actualmente son moitas as dúbidas que se teñen sobre que vai pasar cos estudantes , sobre todo cos de 4º de ESO e 2º de Bacharelato , que son os que este ano deberían cerrar unha etapa e titular. Ante a situación na que nos atopamos, moitos pais piden que o curso se acabe , asegurando que é o mellor para os seus fillos posto que as medidas tomadas para continuar coas clases non son as indicadas , pero é unha proposta coa cal non todo o mundo esta de acordo. Persoalmente, eu estou totalmente en contra desta medida.

O feito de rematar agora co curso significaría ,de cara á avaliación, que se terían en conta as notas anteriores para ver se un alumno pode aprobar ou non , o cal faría que o que tivo atrancos nun principio ou por calquera motivo non foi quen de aprobar nas outras dúas avaliacións, agora tería que repetir. Este sistema sería algo inxusto porque está eliminando unha posibilidade de aprobar na terceira avaliación, que se tería se o curso non rematase agora debido ao estado de alarma.

Como consecuencia do anterior, o peche do curso implicaría que os alumnos que non conseguisen aprobar ,debido que non se realizaría a terceira avaliación ,que se atopan en 4º de ESO ou 2º de Bacharelato non poderían titular e terían que estar outro ano no instituto sen poder facer o que verdadeiramente queren como ir á universidade, un ciclo de formación profesional ou traballar ,cando ao mellor coa última avaliación poderían aprobar e marchar.

Finalmente, a finalización automática do curso escolar neste momento de pandemia provocaría a perda de gran parte de contidos ,que se poden aprender vía online sen ningún problema mediante apuntes e exercicios , cousa que sería moito mellor que non chegar a aprendelos nunca. Esta situación causaría un estancamento na aprendizaxe dos alumnos e unha perda de coñecementos que van ser moi necesarios para os que pasen de curso, xa que sen eles ,estarían menos preparados para levar a cabo o seguinte ano académico, facéndoselle este máis costa arriba.

En conclusión, a decisión dos pais e nais de pedir o peche do curso escolar non creo que sexa moi acertada posto que provocaría a perda dun ano para moitos alumnos , o impedimento de que en moitos casos poidan acceder ao Bacharelato ou á Universidade e tamén unha perda de coñecementos moi necesarios para eles. Normalmente tende a dicirse que as situacións desesperadas requiren medidas desesperadas ,pero neste caso sería un erro prexudicial para moitos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: