Fin das clases por mor do confinamento

DIEGO MIRÓN

Dende o inicio do confinamento obrigatorio, un dos temas máis candentes foi que ocorrerá cas clases. Cando se impuxeron as dúas primeiras semanas de confinamento, ninguén esperaba que a situación se agravase ata o punto de levar dous meses na casa e os profesores mandaron traballo xusto e necesario para esas supostas dúas semanas. Cando se viu que isto ía para largo, comezouse a expor a opción de acabar as clases e dar a aprobado xeral como en Italia. As ANPAS galegas, quixeron  que se dera o curso finalizado o 13 de marzo e que se impuxeran criterios de avaliación excepcionais, porque non se dispoñían dos medios suficientes para impartir clase telematicamente.

          As medidas de avaliación excepcionais poderían estar ben, pero a toda a xente que remonta na terceira ou ten notas mediocres non lle beneficiarían. Con todo, que o curso seguira adiante favorece a todos: os que tiñan boas notas na 1ª e na 2ª avaliación, poden optar a ter sobresalientes porque a terceira avaliación só lles suma; a xente con nota mediocres, poden tamén melloralas; e xente con varias suspensas poden chegar a aprobar, porque déronse bastantes facilidades para iso.

          Os cursos máis prexudicados pola situación obviamente son os cursos que titulan: 4ª da ESO e 2º de Bacharelato.  Destes dous cursos o que ten solución máis complicada é a titulación de 2º de Bacharelato, porque hai as probas ABAU. Para 2º de Bacharelato o curso acabaría en maio e as probas ABAU serían en xuño, pero a perda da terceira avaliación provocou que todo se adiase un mes. O curso acábase o 9 de xuño e as ABAU realizaranse en Xullo e para nivelar a posible descompensación de temario dado na aula auméntase a opcionalidade nos exames. Esta opcionalidade fai que as ABAU sexan máis doadas de aprobar este ano.

          Non é o mesmo traballar na casa que traballar no Instituto. Na casa hai máis cousas cas cales distraerse e é máis difícil planificar un horario e organizarse. Se non houbera a tecnoloxía que hai actualmente, cómo poderíamos seguir aprendendo? Os profesores tiveron que utilizar novos medios para ensinarnos: gravar vídeos, aula virtual, videoconferencias, o “google clasroom” ó que tantos lle collemos tirria… Caía de caixón que había profesores que non ían mandar cousas, pero hai que dicir que chegou un punto onde había exceso de traballo.

          Queda claro que ninguén estaba preparado para algo así, pero podemos conseguir que todo isto continúe ben. É un traballo de todos. Os profesores intentan axudarnos e intentan que todos poidamos avanzar para que esta situación non ocasione repercusións e nós, debemos facer que vexan que estamos aí con eles, dándolle “feedback” para que o seu esforzo valla para algo. Non se poden desaproveitar as facilidades que nos brindan. Qué sería dos que temos malas notas sí se acabara o curso en marzo?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: