A vida dende o COVID-19

YOVANA CAROU

A vida dende a aparición do novo virus COVID-19 foi un caos en calquera ámbito da sociedade pero hai un no cal a situación é moi complicada e no cal hai que mirar cada paso con moito detemento. Este ámbito é a educación. Neste sector atópase o problema e o grande dilema de como e cando rematar ou dar por concluído o curso escolar e co cal aparecen máis desacordos e intereses xa que mentres uns din no 13 de marzo outros din que ata xuño hai que dar clase. Istes últimos están no certo.

En primeiro lugar, un curso escolar está programado para durar nove meses lectivos, os cales se avalían definitivamente no noveno mes coa media das tres etapas trimestrais e esta é a nota a cal queda reflexada no expediente. Se, de forma extraordinaria, se implanta o remate do curso 2019-2020 no 13 de marzo, os mozos e mozas quedarían sen ises tres últimos meses que terían en circunstancias normais para ser avaliados totalmente e ao mesmo tempo quedarían sen a oportunidade de pasar de curso que lle outogaría ese prazo de tempo se ata ese momento o curso non avanzara positivamente. En calquera caso estaríaselle complicando ou quitándolle oportunidades a todo o alumnado.

Por outra banda, unha das razóns que aportan as familias para rematar o curso en marzo é a falta de medios telemáticos para que os rapaces levaran a cabo o curso pola rede. Isto é certo, non todo o alumnado, e sobre todo o de menos recursos ou os a¡máis novos, dispón de medios para facer as tarefas na rede mais para iso é necesario o aprobado xeral que presenta o Goberno, para que os mozos de cursos intermedios que non supoñen un final de etapa, como pode ser sexto de primaria, cuarto da ESO ou segundo de bacharelato, poidan pasar de curso e que o ano seguinte ou durante o verán, xa nas aulas, se lles poida ofrecer un reforzo para conseguir ises coñecementos que por falta de medios e clases non puideron adquirir no momento preciso.

Finalmente, outras persoas afirman que o curso debería rematar ao mesmo tempo que as clases presenciais xa que non é o mesmo unha clase presencial que na rede, que falta o contacto e as explicacións correctas pero hai que ter en conta que isto é unha situación excepcional para todos e que hai cursos que debido á súa importancia no ámbito académico non poden ser cortados de boas a primeiras e xa que hai medios telemáticos abondo para dar clase da maneira máis parecida á presencial posible hai que impartila, xa que como o Goberno di “ningún alumno perderá o curso a causa da situación creada polo coronavirus”

En conclusión, o necesario e imprescindible nesta situación extraordinaria é a protección da educación do alumando e a súa sinxeleza. Os cursos máis relevantes como segundo de bacharelato e cuarto da ESO necesitan seguir coas clases para a súa correcta avaliación e promoción mais o resto de cursos que non son finais deben acollerse ao aprobado xeral e esixir reforzo no momento que sexa máis conveniente e no momento que antes se poida de forma segura, para que ninguén quede atrás pola repentina parada nas nosas vidas e na nosa educación.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: