Fin de curso en marzo?

DUNIA VILLANUSTRE

No mes de marzo as clases presencias foron suspendidas, nun principio, durante quince días. Mais o tempo pasaba e a situación ía empeorando e abriuse un debate sobre o como e o cando para retomar as clases e incluso se habería que facelo; ou se ben o curso escolar se daba por finalizado. Rematar o curso xa, a mellor opción? Non o creo.

Moitos estudantes non dispoñen dos recursos necesarios para seguir as clases a distancia, sobre todo no rural. Non obstante, a Xunta dende un primeiro momento informou de que aquelas persoas que non tivesen ou ordenador ou rede de Internet o fixesen saber para poñerlle solución ao problema. É por iso que se fixo entrega de 1000 portátiles con conexión gratuíta e se ben é certo que o proceso non foi inmediato, si se facilitou que o alumnado puidese continuar coa aprendizaxe.

O remate do curso no mes de marzo suporía que determinados contidos previstos para a terceira e última avalización quedaran sen ver. A idea é que esa materia sería vista no próximo curso académico, o cal, a priori, está ben. Na práctica, en cursos coma 4º da ESO ou 2º de Bacharaleto, que para moito alumnado son o último paso antes de pasar a un ciclo ou facer unha proba de acceso á universidade, respectivamente, si podería ser un problema, pois non verían eses contidos. Ademais, tendo en conta que en ocasións xa queda materia sen ver, sería factible meter máis?

Por último, terminar o curso escolar con tres meses de adianto e cunha avaliación rematada e a segunda, dependendo do centro, sen tan sequera realizar os exames finais deixa outra gran dúbida: que pasa con aqueles estudantes que teñen unhas notas que non lles permitiría promocionar de curso? En moitos casos, o primeiro trimestre serve de adaptación, por exemplo cando pasan da E.S.O ao bacharelato, xa que hai persoas ás que lles custa moito, debido a que é un cambio notable. En vista disto, parecería inxusto que non contasen co curso completo.

Está claro que isto que vivimos é unha situación extraordinaria e que, polo tanto, teñen que tomarse medidas que tamén o sexan, mais non creo que adiantar o remate das clases fose a máis xusta para a maioría. En vez diso, quizais se debería aproveitar o momento para de, unha vez por todas, poñer os medios para rachar coa fenda dixital e que o acceso á educación non se vise dificultado por circunstancias de clase.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: