Debería acabar o curso o 13 de marzo?

CARLA LORENZO

Actualmente debátese moito se o curso debería darse por finalizado xa ou non. Isto trae consigo gran variedade de opinións e ningunha medida que se tome lle gustará a todo o mundo. Pese a que nalgúns casos non se están tomando as mellores decisións e están cargando de traballos aos estudantes o curso non se debería dar por acabado pero si que non se podería continuar avaliando e no caso de ser así cambiar os criterios.

            En primeiro lugar hai que ter en conta que non todas as persoas teñen a posibilidade de conectarse a unha rede internet estable e para acudir ás clases nesta situación precísase conexión. Ademais, tampouco todo o mundo ten ordenador na casa e hai casos nos que si teñen pero comparten cos seus familiares e eles tamén o precisan para traballar. Debido a isto creo que se debería de cambiar o xeito de avaliar con outros recursos como enviar exercicios.

            Por outro lado hai que ter en conta que non se pode omitir a materia do terceiro trimestre  e deixala para o próximo curso porque sería peor para os alumnos xa que terían que dar máis materia no mesmo tempo. Para dar o temario hai moitos recursos, as clases online están ben pero tamén hai que pensar que os alumnos non están dispoñibles todo o día co cal poderíanse buscar outras alternativas como colgar vídeos explicando a materia, enviar notas de voz explicando os apuntes ou se a mestra ou mestre o precisa dar algunha clase virtual e colgar a gravación da clase por se alguén non puido asistir á clase por calquera motivo.

            Por último, cabe resaltar que así como os alumnos teñen que acabar o curso escolar os profesores tamén, e non serve enviar apuntes sen explicación ou mandar deberes e corrixilos pero sen explicar os erros porque así o único que conseguen é baixarlle os ánimos ao alumnado.

            En conclusión, creo que o curso escolar non ten por que rematar o 13 de marzo pero si que deberían de cambiar a maneira de avaliar o alumnado e quizais todas as formas de dar clase non son correctas, o mellor é deixar un vídeo a disposición do alumno que poida consultar a calquera hora, xa sexa un vídeo da clase ou da mestra explicando, e tamén debería de estar a disposición do alumnado unha vía de comunicación coa profesora e que esta conteste, porque de nada serve ter unha se ao final non a vai usar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: