Debe continuar o curso académico?

DANIEL VIDAL

A chegada desta pandemia puxo en xaque moitos ámbitos, entre eles, o ensino. Este viuse afectado debido ó confinamento, que supuxo un cambio na forma de impartir as clases. Esta situación provocou complicacións tanto para os docentes como para os alumnos, tendo que adaptarse ás novas formas de traballo virtual para poder continuar coa materia do curso. Tendo en conta a difícil situación que están pasando todas as persoas dende as súas casas, a solución máis rápida sería dar por finalizado o curso académico e avaliar ao alumnado coas tarefas feitas ata este momento. Pero isto, pode traer maiores complicacións para todas as persoas deste ámbito, polo que sería máis doado buscar a mellor maneira de continuar co curso académico.

Por unha parte, se damos por finalizado o curso no mes de Marzo, atopariámonos cunha situación difícil para os docentes das diversas materias, que deberían buscar unha nova fórmula para avaliar ós seus alumnos, da forma máis correcta posible e sen prexudicar a ningún. Isto traería problemas directos para o alumnado que se vería nunha situación na que non poderían cambiar as súas notas e o que levasen feito ata ese momento sería o que fixase a súa cualificación. Nesta situación veríanse maiormente afectados os alumnos cunha ou varias materias suspensas no momento de finalizar o curso con antelación, os cales non terían a oportunidade de poder cambiar a nota e terían que ir a setembro para recuperala.

Por outra parte, esta situación prexudicaría o desenvolvemento académico do alumnado debido á redución de materia ao finalizar o curso en Marzo, provocando que a terceira avaliación quedase eliminada por completo. Tendo en conta que cada materia ten os seus criterios e os seus contidos mínimos para avaliar, isto rompería a norma deixando ó alumnado sen poder aprender contidos básicos para pasar de curso. Isto tamén tería influencia no seguinte curso pois se o alumno pasa de curso, non tería unha base de coñecementos totalmente sólida e veríase nunha maior dificultade para conseguir o aprobado ou unha boa nota. Doutro xeito, tamén podería afectar á modificación dos contidos de cada curso.

Por último, deberíamos poñer a mirada en 2º de bacharelato, un curso especial, e nestas circunstancias tan difíciles aínda máis, debido á proba de acceso á universidade, a selectividade. Aínda que remate o curso no mes de Marzo, esta proba vaise realizar en canto a pandemia o permita. Porén, pese a que se modifiquen as probas pola situación, debería de continuar impartíndose as clases para que os alumnos que se atopen nesta situación teñan maiores posibilidades de sacar boa nota. Deste xeito, veríanse menos afectados polo suceso actual, podendo superar a pandemia sen demasiados cambios na vida académica.

En definitiva, debemos intentar buscar a mellor solución para todos e que saian prexudicados o menor número de persoas posibles. Aínda que nos atopamos fronte a unha situación nova, polo cal non contamos con información ou datos de como realizar os procedementos en cada ámbito, se utilizamos a lóxica, a mellor opción é continuar co curso académico, e aínda que sexa necesario un pouco máis de esforzo deberíamos seguir adiante para que non aumenten os problemas e poder progresar correctamente no ámbito educativo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: