Dialecto? o galego?

PALOMA SOBRADELO

Neste confinamento tivemos tempo para todo, para levar a cabo esas receita que tiñamos en mente pero non fixeramos por falta de tempo, para comer sete veces ao día ou para recuperar horas de durmir. E para estudar, claro! Pero tamén tivemos tempo a navegar pola rede. Foi así, explorando todo tipo de novas, cando atopei unha que tiña como titular: “unha web americana ensina «como enfadar a un galego»”. Trátase de “Matador Network”, unha web estadounidense especializada en viaxes que publicou un decálogo para os seus usuarios baixo o suxestivo título “Como enfadar a alguén de Galicia, España”. Curioso. Pois ben, osmando pola noticia, o primeiro consello que aparece é “Pregunte por el gallego y refiérase a él como «un dialecto»”. Segundo afirma esta web “A maioría dos estranxeiros non saben da existencia do galego (xa que é un problema de márketing, porque todo o mundo sabe da existencia do catalán e do éuscaro), pero iso non significa que non sexa unha lingua en si mesma”. Así pois, a persoa que pensa ou di iso é merecedor dunha lección de historia porque a desinformación fai a unha persoa, ignorante. Un dialecto de que lingua? Do castelán? Galicia e Portugal empregaban o mesmo idioma no pasado e ninguén pensa que o portugués é un dialecto do castelán. A fragmentación entre Portugal e Galiza foi despois de que Castela sometera Galicia no século XV. Coa fragmentación, a lingua comezou a evolucionar de diferente xeito a unha e outra beira do Miño.

Así é que nunha parte do célebre libro O Quixote, Cervantes conta como un dos personaxes é capturado polo rei de Alxer e confinado nunha prisión africana para despois sufrir diversas dificultades que o levarían ao final da súa catividade. Posteriormente, no cárcere coñece diversas razas e nacionalidades, polo que é fundamental crear un código común para que a comunicación sexa posible. É así como Don Miguel define código: “Unha lingua está entre cativos e mouros, que non é nin castelá nin de ningunha outra nación, senón unha mestura de todas as linguas coas que todos nos entendemos”. Polo tanto, a lingua é un código común para establecer unha comunicación. Así é que este código instrumentalizouse de xeito que adoita empregarse con outras intencións, dando lugar a mitos que non lle corresponden. Un deses mitos é o feito de que un castelán falante pense que hai algúns dialectos inferiores que outros. Se a lingua ten definición, é un sistema de comunicación, un conxunto de signos e regras que permiten formular e comprender mensaxes, debe considerarse que cumpriu a súa función no momento en que acadou o esperado: comunicarse. Polo tanto, ningún código é inferior cando se conseguiu esta comunicación.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: