Debeu finalizar o curso o 13 de marzo?

SERGIO SOMOZA

A crise sanitaria do COVID-19 supuxo a suspensión das clases presenciais nos centros educativos, xerando que a formación do alumnado continuase nos fogares telematicamente. Isto causa moitas dificultades para aquelas persoas que carecen dos medios tecnolóxicos para desenvolver esta actividade e dificultando a continuidade da aprendizaxe. Polo tanto, penso que o curso debería considerarse finalizado a data de 13 de marzo.

En primeiro lugar, cómpre sinalar que ocorrería no caso de que o curso se dese por finalizado no mes de marzo. Neste sentido , a avaliación do alumnado tería en conta unicamente o traballo realizado durante os dous primeiros trimestres e, polo tanto , dificultaría a promoción ao seguinte curso a aquelas persoas que suspendesen algunhas das materias previamente e que non fosen capaces ou non tivesen a oportunidade de poder recuperalas ata ese entón, polo que segundo a lexislación educativa vixente, acudirían á proba extraordinaria de setembro inxustamente. En consecuencia, deberíamos garantir que as persoas aptas que demostraron poder superar unha materia malia os resultados negativos , poidan pasar de curso , porque ante todo, o sistema educativo non só debe basearse en ter cincos ou deces, pois debe valorar outras características do traballo diario como son a motivación e as ganas de aprender .

Por outro lado, é un feito que a promoción do alumnado é un aspecto que xera controversia . Algúns líderes políticos , coma o conseller de Educación de Baleares, aseguran que ´´non podemos dar un aprobado xeral , co que estou en contra , nin tampouco avaliar aos alumnos como se fai habitualmente´´, unha afirmación totalmente distinta ao que sindicatos e ANPAS galegas buscan para o alumnado . Polo tanto, débese asegurar que os estudantes coas materias superadas ata o mes de marzo promocionen e no caso daqueles cuxa avaliación fose negativa pero cuxo progreso fose positivo, aproben as materias sen necesidade de ter que recuperalas, pero dándolles unha serie de indicacións sobre as carencias que presenten coa finalidade de eliminalas no curso seguinte.

En terceiro lugar, debemos pensar que a suspensión das clases presenciais suporía unha pausa grave para o proceso de aprendizaxe do alumnado , polo que é imprescindible que no caso de finalizarse o curso, se reestruturase o currículo en todos os niveis académicos para poder impartir unicamente os contidos necesarios para o futuro dos alumnos nos vindeiros anos. Deste xeito, poderíase garantir unha mellor adquisición dos coñecementos por parte dos rapaces e rapazas dado que, como asegura Gorka Sáenz , profesor de FP en Bilbao , as dúbidas conceptuais do alumnado aumentaron durante estas semanas, o que reflicte que a aprendizaxe telemática non é totalmente eficaz. Este mesmo suceso podo observalo dende a miña propia experiencia persoal porque en moitas ocasións , os problemas que causan as aplicacións de videoconferencias, poden impedir o funcionamento de clases teóricas adecuadamente, xerando maiores dificultades á hora de realizar determinados exercicios.

En definitiva, considero que actualmente débese garantir a aprendizaxe en valores co obxectivo de ser mellores cidadáns , afrontando dunha forma máis efectiva as situacións de risco como a que vivimos actualmente. Polo tanto, esta debe primar sobre a aprendizaxe acadëmica, a cal se debe garantir nun futuro próximo, combinando os contidos dos novos cursos cos necesarios dos anteriores para que deste xeito, a formación estudantil se garanta nas mellores condicións posibles.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: