Finalización do curso

LAURA NINE

Dende o comezo da pandemia, non se nos parou de dicir a importancia que tiñan as nosas accións individuais a nivel colectivo. En tempo de coronavirus, repasei para un exame que xa tiña aprobado sobre Kant, para axudar a outro compañeiro na primeira proba telemática. Pois ben, nunca me gustou a filosofía, pero con esa proba, deime conta da importancia da materia se se levara doutro xeito. Estudei sen que fora “traballo alienado” (como me tocaría estudar semanas máis tardes para Marx), razoei, entendín, e non experimentei presións. E, sobre todo, aprendín de verdade e non por “chapatoria”, o que quería dicir Kant: Actúa só seguindo unha máxima que poidas querer que se converta en lei universal.

               Son unha privilexiada, e vivo rodeada de privilexiados a distintos niveis. Non coñezo a ninguén a quen lle sexa imposible acceder ás clases telemáticas, aínda que claro que uns temos máis facilidades que outros. Mentres que uns teñen impresora, un espazo tranquilo para estudar e as facilidades dunha familia que lles pode axudar, outros contan cuns bolígrafos e unha tableta prestada polo veciño. As diferenzas existían entre os alumnos antes do coronavirus, non nego que se vexan incrementadas, pero se algo teño claro é que agora, independentemente dos medios e circunstancias de cada un, hai alumnos que se dedican a lamentarse e outros que loitan contra corrente.

               Dicir que non existe a imposibilidade de acceso ás clases telemáticas, porque no meu pequeno círculo é así, sería como se dixera que non existen as violacións por non ter experimentado nunca unha. Hai familias completamente desamparadas, cunha situación económica, de saúde e social precaria. No meu pensamento hipotético, o xusto sería facilitar os medios, primeiro sanitarios, logo económicos e, por último, (e neste caso, si, menos importante) educativos. Aínda así, non romperiamos as brechas tecnolóxicas, nin económicas, tan só poñeriamos a esas persoas na liña de saída, a pesar de que outra xente xa levamos a metade do percorrido.

               Pareceríame moi inxusto, que todo o estudado nestes case 60 días non servise para nada. Queixaríame, gritaría e choraría pola burla cara o meu traballo e os meus esforzos. Paréceme inxusto que me roubaran ao que lle chamaba “o meu ano” fai uns meses, os viaxes e as festas. É inxusto, como é inaceptable tamén que nos preocupe iso cando seguen morrendo centos de persoas. A nosa preocupación por unha media, e non cara a situación de saúde de centos de veciños e familiares, di moito das persoas que somos. Mais non é culpa nosa, creo que nunca chegarei ao nivel de concentración e traballo que tiña fai uns meses. A nosa sociedade lévanos todo este tempo bombardeando con que nos xogamos o futuro, e animándonos dicindo que este verán sería o noso premio.

               Sen quererlle restar importancia, nin moito menos, aos científicos, bacteriólogos, médicos, enfermeiras e demais persoal sanitario, que tan necesarios son en tempos de coronavirus, na miña humilde opinión estudar a Kant é o máis importante neste momento. Perder o tempo, reflexionando no noso comportamento e situación individual, para que o privilexio non nos nubre a empatía.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: