COVID-19: non só unha pandemia sanitaria

EVA SOMOZA

Dous médicos chinos despertan do coma coa pel negra como secuela do coronavirus, o coronavirus foi propagado polo Estado, pode superarse bebendo auga quente… Noticias como estas hai infinidade, polo que vemos que o COVID-19 non é só unha pandemia sanitaria, senón tamén de información. Información constante, moita falsa; a praga da infodemia. De nós depende manter unha postura crítica e sensata e non contribuír a espallala, pois é a responsabilidade individual o único que a pode frear.

Este virus leva acabado coa vida de miles de persoas e co espírito crítico de moitas outras. Como é habitual ante un suceso coma este, as redes sociais vense saturadas de noticias que son compartidas sen sometelas a crítica. Este é o erro de moitos, crer que máis información é mellor información, cando case o 80% delas non eran reais, como no caso das que afirmaban que o dióxido de cloro curaba o coronavirus ou que a pandemia fora causada pola tecnoloxía 5G. Di Jonhson que “A primeira vítima cando chega a guerra é a verdade”, e parece máis que certo vendo as noticias falsas que aparecen día tras día. Cabe recordar que para a guerra non fan falta armas, pois isto que estamos vivindo tamén o é, ao seu propio xeito, no sanitario, no económico e no informativo.

Por unha parte, esta información é perigosa non só porque nos desinforma, senón porque propaga o medo. No meu caso, tiven medo dende o comezo deste pandemia, pero un vídeo que carecía de credibilidade fíxome ter máis. Nel aparecían enfermeiros advertindo de que o virus era moito peor do que dicían os médicos e autoridades. No momento, non dubidei da súa veracidade, pois, que necesidade teñen os sanitarios de mentir respecto a un tema tan grave coma este? Pero se no momento circulaban miles de noticias falsas, este vídeo podía ser outra.

Por outra, debido á dificultade de diferenciar algunhas noticias falsas das verdadeiras, a Organización Mundial de Saúde puxo en marcha un programa chamado EPI- WIN, que tiña como fin garantir a veracidade de información comunicada ó público. Ante a dúbida ao recibir unha noticia, o que debemos facer é sinxelo: non compartila, pois aínda que por unha persoa soa non pare de circular, “a unión fai a forza”.

Non hai vacina informativa capaz de superar nestes momentos a forza viral da desinformación. Para freala, debemos ser críticos, facer uso do noso ser racional e cuestionar, neste caso, as noticias. No que respecta á pandemia sanitaria, moitos de nós non podemos facer nada, pero frear a infodemia si depende de nós. Elixamos ser parte da solución e non do problema.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: