Exceso de información

ADRIÁN CHAVES

Pasados arredor de 50 días de confinamento, a maioría dos cidadáns entendemos a situación na que vivimos. Non obstante, non foi tan claro ao comezo, cando había quen corría de nova en nova coma un cuco sen cabeza. É dicir, a información masiva sen contraste o desbordaba e confundía, á transmisión disto chamámolo infodemia. Defenderei que é o noso deber non transmitir esta infodemia, mais será imposible freala.

               En primeiro lugar, temos que comprender por que se crean as novas falsas, quen xera os calotes e para que. Disto encárganse varias entidades. Para comezar está a xente que simplemente o fai por maldade ou afán de divertirse dunha maneira retorcida e comeza a crear mentiras confundindo aos demais. Polo medio, temos os calotes que se forman por unha interpretación individual errada e que foi difundida, como o xogo do teléfono escacharrado. Finalmente, están os máis perigosos, os calotes que se crean aposta e cun fin, xa sexa un fin económico ou de poder. Porque sendo francos, hai xente que se beneficia, e moito, do coronavirus e unha maneira perfecta de alongar os seus efectos é xerando confusión.

En segundo lugar, cómpre pensar que non só hai calotes en sitios azarosos da rede, non. Os medios de comunicación tamén están infestados, recordemos o que declarou Hiram Johnson: A primeira vítima cando chega a guerra é a verdade. Ás similitudes da pandemia cunha guerra non se limitan á linguaxe bélica que o presidente emprega nos seus discursos. Dende o primeiro momento desta crise, o goberno estivo ocultándonos información ou manipulando as medidas segundo o seu interese. Senón, por que non indagan máis no feito de que a maioría de mortes por coronavirus prodúcense nas residencias, as cales deberían estar protexidas? Por que ao comezo este dicía que non era necesario máscara se agora recoméndana até a saciedade? Porque había falta de existencias. Por que se antes se burlaban nos noticiarios das máscaras caseiras, agora comparten métodos para fabricalas? Por que se coma eles din tomamos as medidas a tempo, só nos supera en contaxios un país moito máis grande ca nós cuxo presidente, segundo os nosos medios, semella facer caso omiso a calquera prevención? Por que a partir do dia 11 deixarán reunirse grupos de até dez persoas, pero soamente en bares? Hai algo que falla en todo isto, algo que non nos queren dicir, xa sexa por interese ou polo ben común, independentemente do motivo, a verdade xace morta no chan do congreso.

En terceiro lugar, pasemos a falar das medidas para impedir a infodemia. É certo que a podes frear non difundindo, iso é innegable. Agora, supoñamos que se quere compartir a información veraz e contrastada, para iso usamos fontes fiables e o sentido crítico. Iso pode axudar a bastante xente, principalmente nas medidas a tomar fronte a enfermidade, compartindo artigos refutados de coma desinfectar os produtos mercados ou recomendacións a seguir segundo que etapa do desconfinamento esteamos. Sen embargo, atopamos un problema grave cando queremos recibir información sobre o que está pasando a nivel político, non existen as fontes verdadeiramente fiables, pois todos teñen os seus intereses e moi poucos coñecen a tan apreciada e perigosa verdade que se oculta.

Ao final, é posible que os calotes gañasen á verdade. Só sabemos que hai un virus que mata a milleiros de persoas e que o goberno toma medidas contra el, medidas que a miúdo non entendemos e que cando nos manifestamos en contra da súa falta de sentido, en seguida o goberno corríxese dicindo que foi un erro. Que será o que o mundo pretende facer con nós exactamente? Isto podíase evitar tomando outras medidas? En conclusión, coma dixo George Orwell, a historia escríbena os vencedores, así que dentro duns anos preguntarémoslle a estes que pasou e tomaremos por certo o que digan porque esa será a verdade absoluta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: