Combater a infodemia

MARÍA VILLANUSTRE

Nas situacións de crise, como a que estamos a vivir agora, continuamente chegan ás nosas pantallas novas sobre o que preocupa ao mundo. Porén, con tanta información resulta case imposible distinguir a verdade das mentiras, o que fomenta a aparición de calotes e contribúe a unha desinformación masiva por parte da poboación. Laura Novelle defende que está nas nosas mans combater esta infodemia, pero eu opino que non somos os únicos que debemos contribuír.

Isto podemos confirmalo co exemplo de whatsapp, o soporte dixital que, contribuíndo á loita contra a infodemia, limitou o número de mensaxes reenviados. Isto conseguiu, segundo as súas fontes, que, tres semanas máis tarde de pór en marcha esta medida contra os calotes, a cifra de reenvíos se vira reducida nun 70%. Este límite implica que os usuarios só poidan reenviar unha mensaxe moi viral a un só chat, impedindo que se compartan de forma masiva. Este cambio axudou a ver whatsapp como unha plataforma segura de conversacións privadas e persoais.

Por outra parte a lexislación española recolle unha lei que prohibe a humillación e o ataque contra a honra dunha persoa. Esta lei abarca a incitación ao odio, discriminación e violencia. Polo tanto gran parte dos calotes que circulan arredor do tema da COVID-19, constitúen un delito de incitación ao odio. Como exemplo disto atopamos o caso dos ataques a China como lugar no que se detectou o primeiro foco do virus.

En último lugar, a OMS informou de que nos atopamos ante unha enorme pandemia, pero de desinformación e anunciou unha campaña para combatela. «O brote do COVID-19 e a súa resposta veñen acompañados dunha enorme ‘infodemia’, unha superabundancia de información ás veces precisa e ás veces non, que fai difícil que a xente atope fontes fiables e seguras cando as necesita», explicou a OMS no seu informe diario sobre o Coronavirus.

Como dixo Hiram Johnson “A primeira vítima cando chega a guerra é a verdade”, pois esta é transformada a pracer coa intención de favorecer a un dos bandos. Por todo o anteriormente dito, combater a infodemia non é só responsabilidade nosa, senón tamén dos soportes dixitais de noticias, organismos oficiais e, sobre todo, das redes sociais. Porén como a este respecto nós non podemos facer nada, temos a responsabilidade de contribuír evitando a propagación de calotes.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: