Desinformando

XIANA COLLAZO

Ó igual que aconteceu no desastre do Prestige: como chapapote, as mentiras avanzan por riba da verdade envelenándoa. Nos tempos que corren é moi difícil separar ambas e ser quen de discernir quen mente e quen di a verdade. Botando man dun refrán de miña avoa: “Pérdense moitas verdades na boca dun mentireiro.” A falta de confianza nos medios oficiais levan á poboación á difusión e creación de calotes. Unha infodemia que se estende rapidamente e contamínao todo. E como os voluntarios da catástrofe do Prestige, é a labor conxunta de toda a sociedade a única maneira de freala. 

Mais por que a poboación cre nos calotes? Aída Rubio, psicóloga e coordinadora do equipo de psicólogos da aplicación móbil e web de TherapyChat, afirma que a mente humana reacciona enchendo os baleiros con información, os calotes responden á ansiedade de non saber que está acontecendo e dan “respostas”. En numerosas ocasións son os propios xornais os que os difunden, por que? 

    O sensacionalismo está á orde do día, o chamado “click bait” (contido cuxo propósito principal é atraer atención e animar ós lectores a pinchar no enlace dunha páxina web). Se o titular dun artigo fose: “Non hai proba ningunha de que o COVID-19 fora creado nun laboratorio na China”; ninguén entraría, mais de ser este todo o contrario a xente sentiríase atraída. Dese xeito funcionan algúns portais webs, que en vez de manter á poboación informada actúan como canle para as mentiras.

    Por outra banda persoas como Trump, quen podería aproveitar o seu posto para concienciar sobre a importancia de seguir as indicacións oficiais, dedícase a difamar á OMS e a privala dos medios económicos cos que contribuía a potencia. En EEUU, por culpa de diversas declaracións do presidente, hai activistas en contra do confinamento e producíronse máis de cen casos por ter inxerido produtos químicos. Mais do mesmo xeito, todos aqueles que se aproveitan da ignorancia para posicionar á poboación, son o verdadeiro virus. 

    A chamada infodemia, ese neoloxismo que se emprega para referirse á excesiva cantidade de información (rigurosa ou falsa) sobre un tema; só se pode combater comprobando a veracidade das fontes dos artigos que se comparten; e ante a dúbida non consultar máis que os Medios Oficiais (OMS, Ministerio de Saúde…). Sobre todo hai que ter presente que isto trátase dunha tarefa individual. 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: