Loitar pola verdade

SILVIA CASAL

Presenciar unha pandemia mundial en pleno século XXI, na era do capitalismo, do usar e tirar, na era dixital, da comunicación, da conexión, na era dos enganos, significa presenciar unha explosión de información, unha dificultade na clasificación de datos, e o caos continuo dunha inxente balanza que oscila incesantemente entre a verdade e a falsidade. Presenciar unha pandemia mundial en pleno século XXI significa presenciar unha infodemia.

          O risco da propagación de calotes aumenta considerablemente durante situacións extremas nas que a poboación sente un cóctel de emocións como desespero, medo ou  incerteza. Ocorre durante guerras, atentados ou cambios políticos. Durante a Segunda Guerra Mundial a difusión de calotes a través dos medios de comunicación antisemitas foron un importante desencadeante de odio á poboación xudía e na colaboración de miles de civís no Holocausto. Por iso a verdade é un ben tan prezado. Esta pandemia é outra situación extrema máis, unha guerra da nova era [dixital]. E, ó igual que fai 75 anos, a xenofobia comeza a palparse entre esas novas. Miradas, desprezo e violencia contra a poboación chinesa, sen considerar que o virus non entende de fronteiras nin nacionalidades.

          Quen si o fai é o ser humano. A ultradereita é a fonte principal de onde manan maioritariamente esas falsas novas sobre o virus. O 16 de abril, o partido de extrema dereita en España foi denuncido na Fiscalía por supostos delitos de odio e difusión sistemática de calotes, co obxectivo de crear unha sensación de inseguridade, medo e desconfianza. Canto máis temor, máis sinxelo é que penetre o fascismo e que a poboación sexa receptiva a medidadas autoritarias. Pretenden desestabilizar a democracia, demandando  patriotismo e chamando ó alzamento do exército. A única meta é mobilizar ó seu electorado e desmobilizar ó dos seus contrincantes políticos, tirando proveito dunha crise sanitaria mundial.

          En situacións coma esta somos máis fráxiles e influenciables ca nunca. O impacto emocional é case tanxible. Persoal médico exhausto, cifras elevadas de falecidos, tristeza provocada pola morte en soidade, ansiedade ante o illamento, tensión económica, problemas mentais. Unha situación de desborde emocional que pode causar a credibilidade de novas que resultan beneficiosas para a nosa situación. Chámase autoconvencemento. E debemos loitar contra el. É preferible unha verdade que doia a unha mentira que provoque pracer, porque ese bo sabor de boca tarda pouco en volverse amargo.

          Nesta nova era loitamos contra a mentira, atacando coa verdade e protexidos pola armadura do espírito crítico. Combater contra os calotes significa lidar coa xenofobia. Significa batallar a maldade da ultradereita. Desconfiar dos cadaleitos en Gran Vía, do falso discurso a prol do colectivo LGTB, dos bots nas redes sociais que difunden hashtags de odio cara á oposición (#SanchezVeteYa). Como en toda guerra debemos ser fortes, sobre todo nestas circunstancias de loucura emocional. O único que nos salva é a solidariedade. Os calotes máis preocupantes son os relativos ós remedios para previr ou curar os síntomas, calotes que poden derivar no aumento de contaxios ou empeoramento da enfermidade. Por iso, e pensando non só en nós mesmos, a busca activa, o contraste de informacións e o razoamento poden salvar vidas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: