Exceso de información?

PALOMA SOBRADELO

A infodemia, no contexto das novas sobre o Coronavirus, trátase da gran cantidade de información que existe sobre o tema, moita da cal son rumores ou falsidades, polo que suporía unha “epidemia nociva de rumores xerados durante os brotes”. Esta gran propagación débese en parte ao emprego excesivo das redes sociais, como Twitter ou Instagram, dúas das aplicacións nas que a desinformación é común. Con todo, para frear a propagación desta infodemia é necesario que non continuemos compartindo información sen estar seguros e seguras da súa autenticidade.

Así pois, Laura Novelle afirma que para evitar que se estenda máis esta epidemia de información, é necesario que teñamos un espírito crítico. En parte porque a propagación de información falsa causa pánico, histeria e inquedanza na sociedade. E isto xa nos levou a manter unha actitude racista cos estranxeiros, en concreto cos chinos, ou tamén a acabar cas reservas dos supermercados coma se do fin do mundo se tratase.

Con todo, é certo que ao desenvolver habilidades de pensamento crítico podemos seleccionar información, lela, contrastala, criticala, interpretala para sacar as nosas propias conclusións, tomar decisións informadas e tamén distinguir o verdadeiro do falso. Pero cando non dispoñemos desas habilidades, simplemente podemos crer ou non a información que recibimos. Quen ten o deber de axudarnos a desenvolver estas habildades é o sistema educativo xa que un dos obxectivos da educación é que cada individuo teña o seu propio espírito crítico. E isto apóiase nunha famosa cita: “só o pensamento crítico leva ao desenvolvemento da sociedade”.

Así mesmo, Johnson afirma que a primeira vítima cando chega a guerra é a verdade. Se revisamos a historia das loitas, sempre comezan co engano. Empregan a mentira porque se dixesen á xente a verdade non aceptarían a guerra. No ámbito político a mentira é empregada para os propios intereses, para manipular. Ata grandes personaxes históricos como Alexandre e Xulio César non dubidaron en usar a mentira para conseguir os seus obxectivos. Ademais, podemos comprobar isto na situación que atravesamos actualmente, xa que ao principio falouse dunha simple gripe que só ía ter algún que outro caso. Estas palabras formaron parte do discurso de Fernando Simón, que pretendía ocultar a verdade para evitar o pánico entre a cidadanía.

En conclusión, cando se trata dunha emerxencia sanitaria, a verdade é esencial, porque está en xogo a saúde de toda a sociedade, que é o máis importante. Xa verificaron 471 informacións falsas ata agora sobre esta pandemia que está matando a miles de persoas. Estas desinformacións poden afectar á saúde das persoas e é por iso que temos que prestar máis atención á información que se nos presenta, cun mínimo de pensamento crítico, como afirma Laura Novelle.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: