Un pouco de espírito crítico, por favor!

TAMARA SÓÑORA

Algo máis de cen anos atrás, Johnson afirmou que a primeira vítima cando chega a guerra é a verdade. Eu, na actualidade, vendo como a epidemia de información, infodemia, avanza cada vez máis nesta guerra co COVID-19, apóiome nesta cita para indicar que debemos facernos responsables de non propagar información falsa e mostrar algo de espírito crítico, xa que ao non facelo as consecuencias son numerosas e devastadoras.

          Primeiramente, a expansión de información falsa no canto de verdadeira é realmente prexudicial para a saúde das persoas. Nestes momentos nos cales reina a histeria e confusión entre a poboación, a publicación de falsos remedios para unha enfermidade que aínda non ten cura pode resultar fatal porque empeórase en moitos casos a saúde daquela persoa infectada que buscou en Internet por non ir ao hospital, podendo chegar incluso a falecer, como ocorreu con máis de duascentas persoas en Irán e Turquía pola inxesta de alcohol adulterado.

          En segundo lugar, é moi importante non contribuír á expansión de infodemia porque propicia moito rexeitamento xenófobo. Ao ser un virus dado en China, a cantidade de páxinas adicadas a propagar odio a esta raza é de gran proporción, producíndose enfrontamentos ou malleiras por motivos de raza, xa que as persoas vense cegadas pola necesidade de culpar a alguén. A rivalidade entre razas cada vez aumenta máis e a discriminación chega ata límites incribles, co cal a sociedade pelexa entre si no canto de axudarse.

          Por outro lado, e relacionado con culpar a calquera, en numerosos países estase espallando, por falta de fontes fiables, información que culpa ao partido político que se ocupe do Goberno de tódolos males que o país sofre. Aínda que a xestión non é perfecta, xa que ninguén estaba preparado para esta situación, a infodemia só provoca un rexeitamento ilóxico cara unha ideoloxía política, á que pertenza o Goberno, por parte dos cidadáns que noutro contexto non se daría e que a oposición aproveita desvergoñadamente.

          En conclusión, é moi necesario rematar coa expansión da infodemia infundindo espírito crítico, pois ao non ser así prodúcense consecuencias fatais coma o empeoro da saúde de infectados, o afloramento do racismo e a aversión cara as ideoloxías que representan os gobernantes do país.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: