Como actuar ante un calote

REBECA RÍOS

Atopámonos nunha epidemia a nivel mundial, que paralizou o sistema que anteriormente considerábamos o único posible, a comunicación en liña aumenta vertixinosamente e a difusión de calotes comeza a ser crítica. Non todo o mundo procesa e contrasta a información que chega ás súas mans. Pero de quen é a culpa realmente, da xente que non contrasta información ou da xente que difunde información totalmente indocumentada? Eu penso que a culpa realmente e da xente que pasa contido sen saber se estes son fiables.

            É importante resaltar que hai moitas persoas que non teñen os medios suficientes para informarse ben das cousas. Por exemplo, moitas persoas de avanzada idade, chegado este punto da pandemia, xa están aburridas de ouvir sempre o mesmo nos medios de comunicación, entón dedícanse a meirande parte do día a ver películas, reportaxes ou documentais. É por iso, que si algunha persoa lles da información falsa sobre o coronavirus, esta xente crerá que é certo dado que non puido informarse doutra forma e o máis seguro sexa que non saiba manexar internet para contrastar a idea que recibiu.

            Certo é que ás veces non resulta doado saber se algo é certo ou non, xa que ultimamente moita xente recibe mensaxes de voz de persoas que afirman ser sanitarios e saber moito do tema. Non temos un test para identificar calotes, pero se o tiveramos, a meirande parte destas notas de voz darían positivo. As únicas declaracións das que nos podemos fiar ao cen por cen, son aquelas gravacións físicas que o telexornal ou as redes sociais nos proporcionan. Estes son vídeos de sanitarios recoñecidos e dos que temos a certeza de que realmente o son.

            Moitas veces, a persoas chéganlle unha novidade do asunto e estas divúlgana en vez de confirmala antes, sen pensar na repercusión que poida supor iso a nivel social e o alcance que poida ter. Segue a haber no mundo moita xente inxenua que cre as cadeas que o seu amigo ou compañeiro lle mandou. Tamén hai persoas que difunden calotes polo morbo que lle produce facer mal sen ser descuberto, e outras moitas que o fan por poñer en dúbida a xestión do goberno ante esta crise a tan grande escala. É por iso que creo que realmente, quen fai mal é quen o difunde, non quen o recibe.

            Como conclusión, hai que dicir que pode haber mil motivos polos que unha persoa difunde unha nova, pode ser por querer facer dano ou por querer axudar. O que todos debemos ter claro é que non se axuda difundindo un calote. É por iso que se recibimos unha novidade do coronavirus por unha rede social ou semellante, debemos antes de nada, comparar esta información con outras fontes fiables, e se en todas elas din o mesmo, sería o momento de decidir se o queres difundir ou prefires gardalo para ti.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: