Infodemia

IVÁN FERNÁNDEZ

Infodemia, neoloxismo utilizado para facer alusión á abundancia extrema de información, que pode ser tanto lexítima como errónea. Esta é a definición teórica da palabra, pero a definición práctica descríbese en frases coma: “faime caso que teño un amigo médico”, “non lle teñas tanto medo que lin en Instagram que facendo isto…” ou “lin en Twitter máis en WhatsApp que…”. Detrás de todas estas frases (detrás de toda esta infodemia) encóntranse persoas necias con boas intencións. Pero por moi boas que sexan as súas intencións, estas achegas que fan co obxectivo de informar e intentar axudar prexudica gravemente a situación. Outro caso de infodemia (non tan extrema como sucede co COVID-19) é por exemplo o dos métodos naturais “eficientes” para tratar enfermidades graves, os cales cobran gran cantidade de vítimas cada ano. Con isto queda visto o perigosa que é a infodemia e o vital que sería erradicala.

Entón o primeiro paso para a “desescalada” na infodemia é deixar o papel de dar información a quen de verdade lle corresponde, que son os profesionais que están vendo o panorama en primeira persoa. Deberíase concienciar dalgunha maneira a esas persoas que escoitan algún rumor ou entenden mal a televisión ou o xornal e acaban publicando falacias tóxicas que contaminarán outras mentes. Mentes que pode que teñan criterio e se dean de conta de que estas historias non son fiables, ou mentes inxenuas que seguirán empuxando a bola de neve, a cal gañará tamaño e velocidade de maneira exponencial ata chegar a un punto no que sexa demasiado grande e destrutiva.

Unha iniciativa que xa deu comezo en redes sociais como Instagram hai un tempo debería aplicarse, ou intentar aplicarse, por toda a rede. Esta iniciativa en contra das famosas FakeNewsconsiste non na eliminación destas publicacións perigosas, senón marcalas como falsas e non fiables, véndoo así alguén pode chegar a pensar que o espectador ou lector desta información falsa non se decate de que o contido que está consumindo é falso. Non ten ningún problema xa que para acceder a este contido ten que aceptar antes de ver nada unha mensaxe que lle avisa da pouca fiabilidade do que vai ler.

O principal problema do sobreexceso de información é que, con tal cantidade de falsas novas, as verdadeiras pasan a un segundo plano, xa que non destacan entre o resto, este é un dos principais problemas da infodemia, desta maneira, o problema aumenta en gran medida, xa que o importante queda soterrado baixo un monte de información lixo, ofrecida tamén por este intento de heroes e heroínas que acaban converténdose en cidadáns irresponsables e perigosos pola súa necidade.

Entón por que é a verdade a primeira vítima cando chega a guerra? Porque o pobo que vive a crise, aínda que a verdade sexa obvia e devastadora, sempre preferirá escoitar boas novas que lle acheguen esperanza, que acendan unha luz á fin do túnel da forte crise que está a vivir. Con esta tendencia a querer oír consolos, os poderosos donos dos medios teñen moito máis fácil a manipulación da verdade para así ter contento ao pobo e gañar a confianza deste, ou polo menos non telo tan descontento.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: