É preciso crer que todas as cadeas de WhatsApp se difunden as 7 da mañá

LAURA NINE

Son as 7 da mañá. Rianxo. Fai 5 horas que todos os veciños rianxeiros, viviron a maxia das bengalas e saben que lles queda pouco máis dunha hora para que se acabe esa maxia. Nese momento, onde xa non hai foráneos, un veciño sube ao palco e di que acaba de asinar un contrato para que o ano vindeiro a festa dure 15 días, como piden os rianxeiros ano tras ano. Trátase dun caloteou dunha broma? Xoga cas ilusións das persoas?

En tempos da Ilustración, fai tres séculos, os humanistas preocupáronse por desmentir absolutamente todo o que non estivera comprobado. Pedíaselle a unha poboación maioritariamente analfabeta que non aceptase o argumento “sempre se dixo así” e que desmontaran as mentiras que supoñen a tradición. Pois ninguén pon en dúbida que ao longo da historia se manipulase a información, pero agora as falacias teñen un poderoso aliado: internet.

Todas as persoas xogamos un papel activo tanto para informarnos do que ocorre, como para realizar o proceso contrario. Os nosos antepasados atopábanse con mensaxes escritos/ditos por persoas case sempre descoñecidas, e críano ou non, dependendo da capacidade persuasiva do escritor/orador. Agora todos podemos participar nese relato, as noticias están cheas de chíos protagonizados por calquera que saiba apelar ás nosas emocións, e incitarnos a compartilos.

Segundo a empresa consultora Gartner, ao menos a metade das noticias que circulen polas redes sociais no 2022 serán falsas. Estamos demasiado atentos a unha difusión continua de publicacións tóxicas, que cada vez vai a peor. O lector debe asegurarse de non difundir información non oficial, pois é a única medida posible. Os medios non poden desmentir todo, pois calquera ten o poder de informar, con mentiras e verdades.

Houbo choros e aplausos, pero daquel contrato nada quedou, pois as cabezas que puideron asimilar dita información eran conscientes de que era algo dito nun palco, ás 7 da mañá. Non hai ningunha diferenza ca información que se recibe en cadeas de WhatsApp, ou en calquera outro medio non oficial. Está nas nosas mans mirar a páxina da “coju” (Comisión de Juadalupeñas), ou crer o dato sen botar man do pensamento crítico, e axudar a difundilo. E, como con isto, así con todo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: