Marea de calotes

SILVIA CASAL

Miña nai sempre me di que son demasiado inocente, que pensar que a bondade é universal darame un desgusto algún día, e quizais teña razón. A maldade semella que hiberna e chegou a primavera. Escóndese durante os tempos de calma, pero sae á superficie cando cheira o medo.

          A infodemia fúndase nesa calidade humana: o medo. E agora mesmo atopámonos na situación perfecta. Únese o temor, o descoñecemento e o egoísmo coa oposición política. Non asistimos a unha guerra de violencia, non nos atacan con bombas nin mísiles, senón con datos, cifras, información. Atácannos con calotes.

          Din que unha mentira repetida cen veces remata converténdose en verdade. É un xogo de mentes. Azotar día tras día cunha mesma idea fai que se nos amose familiar. Mesmo descoñecendo a base desa información, o porqué, considerámola certa. Porque é egoísmo quedar con amigos ou visitar ó mozx durante unha pandemia mundial, pero tamén o é abandonar a un animal logo de oír un lixeiro murmurio.

          Os calotes son propagados pola maldade, si, pero por que cada vez xorden máis e máis? Fano a borbollóns coma o petróleo. Aproveitan esa fenda da sociedade para agromar. Non só porque haxa quen os difunda, senón porque hai quen os escoita. Quen os escoita e os comparte sen afondar na fonte. Seguen vivos porque están en boca da xente. Nada morre até que se deixa de nomear. Por iso é importante cavar na información, retirar ese nesgo da superficie ou capa enganosa e somerxerse na terra á procura da veracidade.

          Manuel Rivas di que hai que traballar a verdade como se colleita un cultivo ecolóxico. Compáraa coa terra, non está á altura dunha mesa de despacho. Acha que para facela prosperar hai que dobrar o espiñazo, desbotar sementes transxénicas, detectar tóxicos, usar abonos orgánicos e, sobre todo, sentir coas mans. Hai que verificar.

          Esta primavera debemos aprender a desconfiar e non ser pasivos, a comparar varias informacións e así chegar á verdade, a ter espírito crítico. Se non é así, unha marea negra de calotes chegará á costa e cubrirá a terra do líquido escuro dos enganos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: