Xunt@s frearemos a infodemia

Dunia Villanustre

Quen nos ía dicir que en maio de 2020 íamos ter que enfrontarnos a un virus que chegaría para cambiar por completo as nosas vidas: tivemos que encerrarnos na casa para que a curva fose freando. Un inimigo común para todo o mundo, mais non o único. A pandemia ten un aliado: a infodemia, un exceso de información que se propaga de forma descontrolada e provoca incerteza e desacougo. Esta propagación de información leva por diante tamén a verdade, xa que moitas desas noticias son falsas

O consumo das noticias creceu coa crise e os medios de comunicación non son a única fonte de información. A maioría da xente está conectada constantemente, pero non só a páxinas oficiais, senón a redes sociais. Unha enquisa realizada polo Instituto Reuters mostra que en España un 55% afirma informarse a través de medios coma Google Search, Facebook, Twitter, Youtube ou Instagram. Moitos dos datos destas plataformas non son certos, polo que temos o problema engadido do gran número de persoas ao que poden chegar. En palabras de Johnson, “A primeira vítima cando chega a guerra é a verdade”, e vendo a de mentiras que se espallan a diario, parecen máis que acertadas.

Por outro lado, o medo é unha sensación habitual no referente ao coronavirus por ser unha enfermidade sen vacina. Proba diso é o sucedido estes meses coa compra masiva de máscaras e outros produtos nos supermercados. Mais como di Antonio Cano Vindel, catedrático de Psicoloxía da Universidade Complutense de Madrid, “se os cidadáns xestionaran a situación recorrendo a información científica, razoamentos lóxicos ou contrastando coa realidade, chegarían á conclusión de que nestes momentos non hai xustificación para un medo intenso irracional.”

Soa contraditorio que as persoas sexamos cómplices pero, tamén, os únicos capaces de acabar coa propagación descontrolada de información. Quen nunca lle deu a reenviar a unha nova que lle chegou por unha rede social? Lembro que cando comezou todo isto, non paraban de chegarme mensaxes aos grupos de Whatsapp, moitos con información sobre o virus sen contrastar. Non sería preferíbel ser máis críticos antes de compartir sen ton nin son?

É evidente que a propagación de información sen control non causa máis que medo e desasosego. Deixemos de compartir novas que non sexan de plataformas fiables, así axudaremos a que as persoas estean máis tranquilas, ademais de estar mellor informadas. Este é un deses casos nos que a calidade é preferible á cantidade. Máis vale unha nova verdadeira que dez falsas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: