Incumprimento das medidas hixiénicas

Laura Fernández

As medidas hixiénicas establecidas  polo Ministerio de Sanidade están sendo fundamentais para intentar frear o número de infectados por coronavirus durante a crise sanitaria que estamos vivindo .Porén hai moitos empresarios que obrigan os seus traballadores e traballadoras a desenvolver o seu labor sen protección; un acto moi pouco considerado posto que a saúde é algo primordial. Este feito fai que me cuestione o seguinte: En que están pensando os xefes desas empresas? Impórtalles realmente a saúde? Pode que a súa si, pero dende logo a dos seus traballadores non.

            A miña inquietude comezou cando vin o seguinte titular “ Telepizza sanciona a traballadoras por negarse a traballar sen protección´´; parecía que o mundo se estaba concienciando, pero polo visto só o parecía. Ante esta inxustiza as traballadoras decidiron facer folga (unha opción totalmente lóxica) mentres que os seus xefes pensaron que a mellor opción era suspenderlles o traballo e o soldo durante case un mes. Querido encargado de Telepizza, permítame dicirlle que o que debería facer é autocrítica e decatarse que se os seus empregados van á folga é porque teñen ese dereito que tanto custou conseguir  e porque as súas medidas non son adecuadas.

            Por outro lado, tamén me parece unha vergoña que esta empresa estea aberta. Ou resulta que é un servizo esencial? Onde están os que controlan todo isto? Os que permiten que sancione os seus empregados e non lles importa que manteña as súas tendas abertas, sen medidas e con posibilidades de contaxiar esta enfermidade? Nas circunstancia nas que estamos vivindo todos temos medo, medo a saír á rúa, ó traballo, ó supermercado; medo a saír e volver cun virus dentro de nós disposto a contaxiar todo canto nos rodea. Se tememos saír mesmo equipados con luvas, máscaras e xeles, como podemos ir traballar  tranquilamente se imos desprotexidos?

            Todos estamos vivindo a mesma situación; hai xente que está máis en contacto co virus coma os médicos, pero todos, en maior ou menor medida, estamos expostos. Está claro que aos encargados “non lles afecta´´, porque quedan na casa dirixindo a súa empresa de forma telemática, pero  estamos ante unha pandemia e esta ataca a todo o mundo; así que, é hora de dicir adeus ás cuestións de saúde individual.

            En definitiva, creo que a saúde é un tema moi serio co que non podemos “xogar´´ nin “arriscar´´, deixándoo todo ao azar e cruzando os dedos para que non nos toque. Vivimos a contrareloxo loitando para que o virus non nos invada a todos; polo tanto só deberían ser os sectores esenciais os que permanezan abertos e co seguimento dunhas medidas de hixiene adecuadas e establecidas polo Ministerio de Sanidade, as cales deberían ser altamente controladas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: