Vacinas si ou non?

Laura Fernández

As vacinas son unha medida preventiva contra determinadas enfermidades; por esa razón, paréceme incrible que cada vez se atopan na nosa sociedade máis grupos antivacinas. Como é posible que haxa tanta xente disposta a poñer en risco a súa propia saúde a parte da das persoas que a rodean?

            Para comezar, que opinan os colectivos antivacinas? Simplemente defenden que se trata dun tema de “saúde colectiva´´ ante o cal penso que, tratándose dun tema desas características, esa razón non debe primar. Pode ser que alguén non corra risco a contaxiarse, pero pode que as persoas coas que convive ou coas que traballa si sexan persoas de risco; polo tanto, por qué non previr? A caso non pensades que o dito “É mellor previr que curar´´ é totalmente certo? Unha vacina é unha substancia que se introduce no corpo coa finalidade de prever determinadas enfermidades; repito, prever. Moitos defensores desta postura baséanse en que aínda que tomemos esta medida temos posibilidades de contraer a enfermidade e iso é totalmente certo, pero os síntomas serían máis leves, o cal segue sendo un punto positivo para as vacinas.

            Un dos principais problemas da sociedade é que tendemos a pensar que sabemos de todo; que sabemos á perfección como se viviu durante a Guerra Civil, como se leva ter unha enfermidade grave; como era vivir nos tempos de antes sen poder contar con todo o que temos hoxe en día e mil exemplos máis. Pensamos, só pensamos, que sería sinxelo, rápido e que “nin tan mal´´ ata que nos toca porque quén nos ía dicir que pasaría todo isto do coronavirus? Isto só pasa nos filmes!. O que pretendo dicir con isto é o seguinte: Se souberamos que a pandemia que estamos vivindo se ía producir causando miles e miles de mortes pero houbese unha vacina, que faríamos? Eu sen pensalo  vacinaríame e oxalá que coma min, todos.

            Por outro lado, é innegábel que se trata de algo artificial e que contan con compoñentes como o tiomersal; un composto que contén mercurio e que é empregado como conservante nas vacinas. Aínda así son totalmente seguras pois si é certo que o mellor sería que tivesen compoñentes sans e non prexudiciais, pero na actualidade xa están en marcha diversas investigacións para intentar fabricar “vacinas máis ecolóxicas´´. Ante isto moitas persoas néganse a inxectarse no corpo eses elementos porque din que son perigosos, pero o alcol, o tabaco e moitos dos conservantes que leva a comida que inxerimos son moito máis saudábeis?

            Canto nos preocupa a saúde? Previr ou curar? Cremos que é un tema no que se pode arriscar? Qué prefirimos ter gripe, hepatite, papeiras… ou estar san?

            En definitiva, as vacinas son un tema de saúde, a cal é fundamental que coidemos, por iso estou totalmente a favor das vacinas. Sobre o noso corpo decidimos nós; pero que non nos importe a nosa saúde non é un motivo para poñer en risco a saúde da xente que nos rodea.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: