Colle aire, que existe terra firme

Silvia Casal

O ser humano respira por natureza. Ela estaba acostumada a afogar. Ela non, elas.  Afogaba na casa. Respiraba na rúa. Eses minutos fóra mantíñana viva. Elas son submarinistas. Mergúllanse en augas perigosas. Sacan a cabeza para coller aire (cando van ós recados) e volven a somerxer o corpo enteiro na auga. Levan tanto tempo nadando no mesmo océano, conxeladas e soas, que esqueceron que exista terra firme.

          “Cando unha vítima [de violencia de xénero] se decata de que non pode manter a súa cabeza sobre a auga [fóra da casa], tende a sufrir un ataque de pánico, o cal conduce á clásica “loita en superficie”. Recolle aire na superficie e mantén a respiración cando se somerxe [no perigo do fogar]. Cando loita por respirar [vivir] non pode pedir axuda. O seu corpo está en posición vertical, axita os seus brazos debilmente, como se intentase subir a unha escada inexistente no mar [se fai moito ruído deixará de respirar tamén]. Finalmente, cando a vítima [de violencia doméstica] se somerxe, aguanta a respiración tanto como lle é posible, normalmente de 30 a 90 [días de confinamento] segundos. Tras iso, inhala algo de auga, tose e inhala máis auga [non pode respirar dentro dun fogar que non é fogar]. O líquido nos pulmóns bloquea o intercambio de gas nos delicados tecidos, ó mesmo tempo a inhalación de auga sela e bloquea as vías aéreas – un reflexo chamado laringoespasmo [ás veces causado pola ansiedade]. Existe unha sensación de choro, e unha queimazón no peito a medida que a auga descende polas vías aéreas [berra, agarra, pega, labazada, patada, golpe, cospe (el a ela)]. Logo vén esa especie de caída nunha sensación de tranquilidade [o silencio]. Esa calma representa o comezo da perda de consciencia, a causa da privación de osíxeno [e de liberdade], a cal finalmente dará como resultado a parada cardíaca e a morte cerebral.”

          Ela non afoga porque non saiba nadar. Faino porque un tiburón navega ó seu redor. E odio ter que usar a metáfora dun animal. Dende logo un tiburón non representa tal crueldade e depravación. Ela afoga no océano do confinamento. Porque nun océano ninguén vive, só existe a posibilidade de sobrevivir. Sen ese minuto de inhalación a presión e a ansiedade fanse insoportables. Cando o mar era aberto o tiburón só se achegaba ás veces, pero agora ela atópase limitada polos lindes do fogar e sente o perigo preto cada segundo do día.

          Fáloche a ti. Ninguén sabe que ocorre de porta para dentro. Non sei se sentes que vives nun océano perigoso ou en terra firme. Por iso, se algo non vai ben, cóntao. Aínda que non teñas un minuto como antes para respirar, senón segundos, aprovéitaos. Aproveita esa saída e denuncia. Berra pola túa liberdade. Non volvas a somerxerte nesas augas. Colle aire, que existe terra firme.  

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: