A revolución dos caraveis

Aroa Sóñora

Hoxe, 25 de abril, conmemórase un día no que cambiou a historia doun país veciño, do noso país irmán. Portugal celebra o  Día da Liberdade, porque ese día conseguiu restaurar a democracia.

Tal día coma hoxe, alá polo ano 1974, produciuse un levantamento militar que  puxo fin, nun só día ao réxime autoritario que durante anos gobernou ese país e o sumiu nunha gran pobreza, que levou a súa xente a emigrar, ó igual que sucedía en Galicia. O goberno prefería inverter grandes cantidades de cartos en armamento militar en troques de investilos en educación ou infraestruturas. Pouco a pouco na clandestinidade foise amañando un plan e un grupo de soldados sublevados, coñecidos como os Capitáns de abril, uníronse  para  poñer fin a ese goberno.

          Ese levantamento militar recibiu o nome de A REVOLUCIÓN DOS CARAVEIS, pola reacción popular; pois, no amencer, as persoas comezaron a xuntarse nas rúas e repartir caraveis aos soldados e estes puxéronos nos canóns das súas armas, simbolizando o seu apoio a unha revolución pacífica, sen derramamento de sangue. 

          Dende entón o caravel tornouse no símbolo da Revolución de abril de 1974 e provocou a caída da ditadura que dominara Portugal dende 1926.

One thought on “A revolución dos caraveis

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website at WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: