Inxustiza

Paula Maroñas

Inxustiza, “algo que non é xusto”. Este termo leva presente na sociedade dende o comezo da historia até a actualidade. Todas as ideoloxías denigrantes levan esta palabra ligada. O racismo, o machismo, a xenofobia… A sociedade vive ca esperanza de que co paso dos anos, estes conceptos queden no esquecemento e sexan recordos do pasado, pero por desgraza en pleno século XXI, as inxustizas están máis presentes que nunca.

En momentos tan duros como os que estamos vivindo coa situación do Covid-19, a sociedade debería estar máis unida ca nunca, e deixar todas as diferenzas de lado para loitar contra un virus que afecta a todos por igual dende os máis ricos até os máis pobres, pero non, non é así. Nunha época  na que o capitalismo o ocupa todo é imposible que isto desapareza.

Érgueste pola mañá, prendes a tele, pós o telexornal, e non paras de ver novas tristes, nas que a iniquidade sobresae. Vellos morrendo en residencias porque non teñen un lugar onde curar ou non hai medios necesarios. Vellos, que levan traballando toda a vida. Vellos, que loitaron e viviron momentos históricos horribles, como unha ditadura. De que lles valeu? Para acabar morrendo dunha forma tan triste e, o peor de todo, lonxe dos seus. Esquecidos por un mundo ao que eles aportaron todo.

Pero todos sabemos, que a cobiza move o mundo. Aínda que intentemos ser inocentes, hai que ser realistas e ter claro que non. En momentos nos que o mundo cae, onde esta pandemia só se pode vencer coa solidariedade de todos, moita xente mostra a súa cara máis egoísta. Só nos piden quedar na casa cando aos nosos avós mandáronos ir á guerra e, aínda así, a raza humana deixa máis que desexar. Saíndo á rúa, poñendo en perigo a saúde dos maiores e dos de alto risco, só por mirar por un mesmo.

En definitiva, este confinamento debería valerlle ás persoas para reflexionar sobre a vida, vivir o presente e, dunha vez por todas, tomar conciencia. E quedar na casa, porque hai xente morrendo día a día e sanitarios xogándose a vida, para que unha vez máis na historia, a ignorancia gañe.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: