Sistema educativo

Alonso Garrido

Case sempre escoitamos falar sobre o sistema educativo de Finlandia, que é un dos mellores do mundo debido á importancia que lle dan alí á educación dos estudantes preparándoos para un futuro, non tan afastado, no que van a ter que se valer por si mesmos. A partir disto fanse comparacións co sistema educativo de España, no cal continuamente se fan recortes e pouco a pouco vai gañando mala fama e empeorando os recursos necesarios para impartir unha boa educación. Aínda así, hai moita xente que o apoia e di que están facendo o correcto; pero é verdade isto?

          Para empezar Mireia Long e a súa compañeira Azucena Caballero demostraron que a maioría dos adolescentes son vítimas dun sistema educativo mal deseñado e ao servizo da ideoloxía do partido que goberne nese momento. Segundo varios estudos, existen moitas probabilidades de que moitos adolescentes que comezan a ESO acaben deixándoa con 16 anos, legalmente. E, de aí, deriva un dos grandes problemas que ten España relacionado co paro xuvenil. Isto é unha realidade que está ocorrendo actualmente no noso país e podemos velo nas noticias cando, por exemplo, a policía detén a menores debido a que están roubando ou vendendo droga, entre outras cousas, porque a súa familia tampouco ten cartos e teñen que sobrevivir.

          Por outra parte, unha das razóns pola que moitos adolescentes optamos por deixar os estudos é a continua presión á que nos someten á hora de estudar e de facer deberes. Dende primaria obrígannos a facer montóns de exercicios na casa e a estudar para exames cando seguramente o máis necesario sería centrarse máis en diferentes aspectos para mellorar as nosas calidades e cualificacións. Isto o único que produce é que os estudantes acaben cansando do estudo e elixan deixar o instituto.

          Todos estes problemas supoñen un importante gasto para o estado español e para as nosas familias, que son principalmente as que pagan cos seus impostos as prazas dos estudantes. Isto está relacionado co “pasotismo´´ de moitos adolescentes que chegan a repetir cursos e finalmente non acaban estudando nada. Xeralmente, cada repetidor entre Primaria e ESO, facendo media entre as dúas etapas, supón un coste ao sistema que se aproxima a 7000 euros e segundo o Ministerio de Educación, aos 15 anos polo menos o 45% dos estudantes repetiu un curso.

          En conclusión, deberiamos tomar novas medidas arredor do noso sistema educativo para intentar concienciar os estudantes das consecuencias que ten deixar os estudos e tamén se debería apoialos da maior maneira posible para que saquen froitos dos seus estudos sen ter que estar sempre anguriados por estudar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: