Sobre ser estudantes en tempos de COVID-19

A partir do anterior vídeo, que se fixo viral no seu momento, foron moitos os comentarios que tod@s enviastes, pero Laura foi a que decidiu conver a súa opinión nun pequeno artigo, que aquí deixo…

Pequena reflexión sobre o que nos toca aos estudantes

Por Laura Fernández

Dende fai uns días hai un vídeo circulando polas redes sobre que é o que “nos toca´´ aos estudantes mentres que as portas das escolas estean cerradas polo confinamento. A miña reflexión sobre o vídeo é a que segue.

 Ás veces pensamos que o papel de estudantes implica estudar (adquirir contidos) e nada máis que estudar e que ó mesmo tempo somos moi novos para afrontar problemas, tomar decisións… Por ese motivo pensamos que non nos toca, ata que de súpeto toca, tócanos a nós e a todos. Cando a nosa rutina cambia por completo, cando empezamos a vivir unha situación que non imaxinaríamos nin na película máis distópica, resulta incrible como, sen vivir algo, podemos chegar a pensar que o entendemos todo, porque dende fóra todo parece fácil.

 Cando toca, o papel que eu quero afrontar é o de loitadora. Da miña avoa e do baloncesto aprendín que nunca debo quedar de brazos cruzados nin tirar a toalla. Agora tampouco o vou facer. A miña avoa é das persoas que defende que todo o que nos pasa nos serve para aprender. Pois disto tamén haberá que aprender. E que aprendo eu de todo isto?

Primeiro, como persoa, que teño que desfrutar de cada día coma se fose o último e de cada persoa coma se fose a última vez que a fose ver; porque aínda que pensemos que si, nunca o temos todo feito.

 Como estudante, aprendín que somos a clave do futuro, iso que nos levan dicindo dende que entramos no instituto e do que empezamos a concienciarnos este último ano, porque pronto seremos estudantes universitarios a punto de ter unha carreira e comezar a traballar. Somos o futuro e temos un papel importante, aprender a lección de hoxe para cando nós sexamos @s emprendedor@s, @s médic@s, @s enxeñeir@s, @s profesor@s, as persoas que terán que tirar do mundo cando nos volva a tocar; porque volverá a tocar.

 Mentres, no presente, hoxe e agora, debo seguir co meu papel de estudante. Para min a educación é un dos piares da sociedade, pero agora mesmo todos os centros educativos están pechados e o último que debemos facer e pechar os libros, pechar o camiño ao saber. Eu sigo coa miña rutina, co meu horario, coas miñas tarefas e, creo que os meus compañeiros tamén; porque, pese a que a situación é difícil, todos a estamos vivindo e por ese motivo  todos debemos permanecer unidos, axudarnos e apoiarnos, dar todo de nós, demostrar que somos invencibles, fortes e guerreir@s. Aos meus avós tocoulles quedar na casa confinados, aos meus pais saír a traballar para manter o traballo, a min seguir estudando para manter a escola aberta. Son estudante e sigo estudando porque ese é o meu papel.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: