Os grandes pequenos olvidados

Laura Nine

A maioría das persoas cóstanos entender o porqué da situación. Sabemos que é necesario quedar na casa, e que con este acto salvamos vidas. A pesar diso, a enfermidade ten un contexto tan amplo, que as nosas mentes non o logran abranguer. É difícil entender que 500 mortes diarias sexan unha boa noticia, que se acabe o papel hixiénico no supermercado, ou que digan no telexornal que o día máis triste do confinamento é o de venres santo e non o día que case alcanzamos mil mortos.

               Se na mente dunha persoa con capacidade para a abstracción hai moitas cousas que escaban ao noso entendemento, como se lle explica a un neno ou a unha nena o que ocorre? Vivo con dous nenos de 3 e 6 anos,  con espazo para que xoguen, ao contar cun baixo e unha terraza, sen dúbida son privilexiados neste aspecto. O problema é o do cativo máis pequeno, ao cal a máxima explicación que se lle puido dar é que se saimos á rúa ven un policía a berrarnos. Ese rapaz, chamado Diego, atravesa a famosa e graciosa época do “por que”, pero perde a graza cando as preguntas son: “E por que o avó pode saír?”, “E o veciño co can?”, “e por que teñen que ir comprar o xornal?”.

               Ninguén di que non poidan saír os cans, pero é unha loucura ter dous meses a un rapaz encerrado, pois eles son os únicos verdadeiramente confinados. Dende un primeiro momento respectáronse os dereitos destes animais de compañía, que non tiveron prohibido saír nin unha hora durante este longo confinamento, ao contrario do que ocorre cos máis nenos e coas nenas.

               Parece que Noruega é o país que sempre temos que poñer de exemplo para soster os nosos argumentos, dá igual que se fale de sanidade, de educación ou de pandemias mundiais. Pois en Noruega non esqueceron os cativos. Neste país celebrouse unha rolda de prensa especial para nenas e nenos, para explicarlles a situación e responder ás súas preguntas. Temos que ter claro que teñen unha perspectiva que non podemos esquecer, para eles todo é grande e, se a inmensidade desta situación nos supera a nós, aos nenos e nenas moito máis.

               Non se pode esperar máis dunha sociedade na que está de moda ir a restaurantes onde o colectivo dos cativos teñen a entrada vetada, polo feito de que aos adultos lles moleste que un rapaz arrastre unha cadeira ou colla do prato unha pataca coas mans. Seguro que esta sociedade levará unha sorpresa ao ver que hai persoas molestas en todos os lugares, independentemente da idade, porque están provocando ou, cando menos permitindo, unha situación discriminatoria. Os nenos e as nenas son o futuro e tamén os grandes esquecidos, apartados e marxinados.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: