Si á república!

Paloma Sobradelo

Hoxe, 14 de abril de 2020, fai 81 anos que se proclamou a Segunda República Española, un réxime democrático que supuxo a substitución da monarquía de Alfonso XIII. Estivo vixente ata o 1 de abril de 1939, data do fin da Guerra Civil, que deu paso á ditadura franquista. Despois do crack do 29, a crise económica en España puxo fin á ditadura do xeneral Primo de Rivera. O rei Alfonso XIII prestara o seu apoio a este réxime ditatorial, converténdoo nun símbolo de opresión á clase traballadora. É por iso que, despois dun tempo, os republicanos gañaron as eleccións por maioría. E, finalmente, o 9 de decembro de 1931, adoptouse unha nova constitución española na que se estableceu a liberdade de expresión e de reunión, tamén o sufraxio feminino, legalizouse o divorcio e canceláronse os privilexios da nobreza.

Pero xa que somos galegos, podemos falar da Primeira República Galega, que foi efémera porque durou menos dun día. Foi durante a Segunda República, cando cesou a construción do ferrocarril Zamora-A Coruña. A consecuencia disto, os obreiros que traballaban na construción da infraestrutura fixeron folga polo cesamento das obras. Ademais o goberno republicano preferiu destinar os cartos a outros fins, algo que non só molestou aos traballadores, senón tamén aos partidos políticos galeguistas. O 27 de xuño de 1931 celebrouse un mitin en Santiago de Compostela. Os ánimos foron prendidos pola paralización do traballo dun ferrocarril que deixou paradas a miles de familias galegas. Finalmente, despois do encontro, Alfonso Ríos, político galego, dirixiu a multitude ás dependencias municipais e proclamou a independencia de Galicia. É unha realidade que hoxe en día miles de persoas sigan aclamando a República Galega e pedindo un referéndum para poder decidir o futuro de Galiza.

Actualmente en España temos unha monarquía parlamentaria/constitucional. Hai xente que apoia máis unha república que á actual monarquía. Pero… Por que? A monarquía é a forma máis extrema de clasismo que sitúa a unha persoa, por nacer dun útero determinado, sobre todos os demais para sempre. O réxime monárquico vai contra a igualdade de oportunidades xa que se alguén quixera ser xefe de goberno tería que probar sorte dando un golpe de estado, porque vías legais non hai. Tamén é irracional xa que apela ao poder polo dereito divino. Un presidente republicano ten un orzamento transparente e controlado polas institucións que se limita a cubrir as súas necesidades e actividades institucionais. Un rei ten unha familia que só crece, financiada por todos nós. Ademais, un presidente republicano está obrigado por lei a aceptar a súa posible substitución en calquera momento. Un rei só se ve obrigado pola súa propia vontade real.

En conclusión, a monarquía só beneficia ao rei, á súa familia e á súa corte, a república pode beneficiarnos indirectamente a todos, paradoxicamente, beneficiando directamente a menos persoas e durante menos tempo. Ademais, ninguén que non fose elixido pode posuír, nin real nin simbólico, ningún tipo de poder por iso podemos dicir que a monarquía é totalmente antidemocrática. A república non solucionaría inmediatamente os nosos problemas diarios, pero sentaría as bases para que fose posible. E, polo momento, aforraría uns custos importantes a todos os cidadáns e cidadás e “limparía” a nosa democracia, que é o que realmente fai falta. Así é que a república implica recuperar a xustiza social, a liberdade e a democracia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: