Que podemos facer durante a corentena?

Sergio Somoza

Nas últimas semanas, unha gran parte da poboación mundial está vivindo as consecuencias económicas, sociais, vitais, psicolóxicas e persoais da pandemia de COVID-19 , que a día de hoxe alcanzou a cifra de 1,4 millóns de infectados a nivel mundial, acabando coa vida de 88.000 persoas en todo o mundo. Moitas persoas durante estes días , dentro do territorio galego, teñen dúbidas ou interese en saber que tipo de actividades poden realizar no seu fogar para que sexa máis doado o confinamento, e por iso faremos unha selección das actividades de maior utilidade para realizar durante os próximos días e semanas.

En primeiro lugar, todos e cada un de nós debemos ter claro que, independentemente das circunstancias, a saúde persoal , a dos nosos familiares e a do conxunto de toda a cidadanía debe procurar garantirse co mero feito de quedar na casa, saíndo unicamente para realizar xestións necesarias e básicas como poden ser desprazarse ao supermercado máis próximo para facer a compra. Neste sentido, como ben sabemos, as medidas hixiénicas deben primar por riba de todo, tanto á hora de desprazarnos a ditos establecementos como no momento de regresar á nosa casa de novo. Polo tanto, tras isto , moitas persoas aseguran ter dúbidas sobre que cousas poden realizar nestes días, e é por iso polo que me gustaría transmitir que, neste momento, é posible coñecer novos gustos e afeccións , iniciándose en facetas cas que non tivéramos unha experiencia previa nas nosas vidas, compaxinándoo sen ningún tipo de problema ou obstáculo co teletraballo. Por este motivo, algunhas das principais ideas serían a adopción e creación de actividades que fomenten a diversión grupal entre os membros da familia que vivan no fogar mediante xogos de mesa, karaokes, ou en caso de querer apostar polas novas tecnoloxías, ver películas de gustos comúns a todos eles en diversas plataformas ou comunicarse por videochamada con outros familiares ou amigos pode ser unha opción de gran interese para manter o contacto cos nosos seres queridos.

Por outro lado, existe gran cantidade de xente que considera que esta situación é unha das máis idóneas para facer deporte e dese xeito, poder mellorar o noso aspecto físico . Neste sentido, moitas persoas ven este feito como unha situación imposible de alcanzar e complicada de adquirir , mais , por que non o intentamos? Dentro deste campo, existen gran cantidade de vídeos en Youtube de expertos nesta materia que proporcionan gran cantidade de información sobre esta temática, que axudan a poder realizar tarefas doadas e eficaces , sen necesidade de acudir aos ximnasios , pechados durante estas semanas. Do mesmo xeito, moitas persoas consideran que é posible realizar moitas actividades e plans que durante anos asegurabamos que íamos realizar e que co paso do tempo non chegamos a poñer en marcha. Limpeza, ordenar os desváns ou recolocar o mobiliario co que xa contabamos para facer os distintos cuartos máis espazosos pode ser unha interesante opción. Asemade, podemos comezar a desempeñar rutinas que ata entón non realizaramos. Comezar a cociñar máis ou facer distintos biscoitos e doces pode ser un recurso interesante xa que a rede apórtanos un gran número de recursos de diversas culturas , podendo coñecer algo máis de gastronomía.

En definitiva, o confinamento é unha situación dunha extrema gravidade e as causas que a están provocando sono moito máis. Con todo, para poder garantir a saúde de todos debemos quedar na casa e para poder facer os días que vivimos esta situación máis doados, podemos apostar por estas técnicas que axudarán a poder facer unha vida mellor dentro das circunstancias.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: