O coronavirus e o confinamento

Diego Mirón

Actualmente, o planeta atópase nunha situación de risco. Estes últimos meses desatouse unha pandemia provocada por un coronavirus chamado COVID-19 e moitos países, decretaron un estado de corentena obrigatoria. Isto provocou tanto xente que fai o que ten que facer, como xente que non segue as normas.

Ó principio, ninguén tomaba en serio o coronavirus, inclusive, gobernos coma o de España, dicían que non había de que preocuparse, que Europa estaba preparada e non ía chegar o virus. Primeiro apareceron casos en Italia, e despois de que chegara a Italia comezaron os problemas. As fronteiras estiveron abertas o tempo suficiente como para que o virus se propagara polos demais países europeos. O goberno español comezou a tomar medidas cando xa estaban ca auga ata o pescozo, algo que nos caracterizou sempre foi chegar tarde, mal e a rastro.  Os primeiros 15 días de confinamento foron decretados, pero a cousa non ía quedar así, foron decretados outros 15 e esta pasada fin de semana outros 15, e non van ser os últimos. A cifra de mortes en España (no momento que escribo isto) ascende a case 14.000, dos cales 208 son galegas. O día 6 de abril obtívose a cifra máis baixa de mortes desde marzo.

Como era de esperar, a maioría da xente segue as normas e queda na casa todo o que sexa posible e só saen para o esencial, que é ir á compra ou á farmacia, ir traballar (quen teña un traballo dos cualificados como de primeira necesidade) e pasear o can para que faga as súas necesidades. Pero sempre hai xente que salta as normas e sae. O peor de todo isto é que sae a pasear a xente maior, que son os máis vulnerables. Se ollamos o rural, os maiores saen a andar como se nada pasase. A pesar de que as sancións por incumprir o confinamento son de 600€ en adiante, xa van máis de 30.000 denuncias e máis de 300 detidos.

Os corpos sanitarios están traballando case sen descanso para que a situación non empeore. Non obteñen nada a maiores do que cobran sempre. O goberno debería darse conta do seu importante traballo, e darlles unha compensación; se ben, semella que para o traballo extra dos funcionarios e funcionarias dos servizos públicos nunca ten que ser recoñecido, para iso semella que nunca hai cartos.

Nestes tempos difíciles compre quedar na casa e seguir as normas para que a situación non se agrave máis e se solucione o antes posible. Mais iso non significa calar e deixar de demandar o que é xusto.

FONTE: GaliciaHoxe.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: