Teletraballo

LAURA FERNÁNDEZ

O confinamento, levado a cabo como consecuencia da pandemia polo coronavirus, deu paso a varios debates; entre eles o do teletraballo. A favor ou en contra? Persoalmente, non creo que o traballo a distancia sexa a mellor opción para o desenvolvemento do mundo laboral.

               En primeiro lugar, cabe destacar que o teletraballo non pode ser unha opción viable para todos os traballos xa que moitos traballadores non poden realizar esta tarefa dende a súa casa. Pode unha enfermeira, un empregado de supermercado, as mulleres que traballan no mar desenvolver o seu labor dende a súa propia casa? A resposta é non. Porén, os traballos máis adecuados para este sistema son os realizados a través de ordenadores así como os de oficinistas, asistentes, escritores, etc. Un dos principais inconvenientes é que o equipo electrónico corre pola conta do traballador ou traballadora; é dicir, á hora de contratar un empregado, a empresa terá en conta se esa persoa conta ou non cuns determinados dispositivos, xa que, de non ser así, sería ela quen os tería que proporcionar.

               Por outro lado, é innegable que a maior parte do tempo que pasamos fóra da casa é por causa do noso oficio, polo tanto o teletraballo implicaría pasar moitas máis horas no noso fogar. Isto pode xerar unha especie de illamento social debido a que non entramos en contacto cos compañeiros e compañeiras de traballo, algo que á larga pode desencadear tamén unha falta de conexión e asesoramento ó non traballar en equipo ou ante a ausencia de opinións e ideas compartidas. Así mesmo, este sistema tamén alteraría os nosos períodos de descanso; o traballo, a vida privada e os momentos de desconexión levaríanse a cabo no mesmo lugar. Deste xeito tamén aumentaría o risco de contraer estrés ou ansiedade.

               Por último e non por iso menos importante, está o factor da produtividade e  do rendemento. Vexamos un exemplo, en Galicia contamos co I.E.S San Clemente; un centro de estudos a distancia cun bo sistema e Aula virtual, pero implica isto que o teletraballo sexa unha boa opción para o ensino? Baixo a miña propia experiencia cursando unha materia a distancia opino que non. A educación é algo fundamental para todos e no caso dos nenos e nenas pequenos aínda máis; teñen que relacionarse, interactuar, socializar… O que quero dicir con isto é que hai moitos traballos como o de mestre e a tarefa de estudante que si se poden levar a cabo a distancia pero é moito mellor, máis eficaz, e con mellores resultados desenvolvela en vivo e en directo. O mesmo acontecería cos psicólogos por exemplo, poden levar a cabo unha sesión por videoconferencia, pero resultarían menos eficaces.

               En definitiva, considero que o teletraballo pode supoñer unha forma de madurez e independencia pero que pode desencadear unha serie de problemas graves e de saúde como o illamento social ou o estrés. Un feito que prexudicaría notablemente o noso rendemento polo que debería evitarse.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: