Reto. Polo Día Mundial do teatro

Desde 1962, clébrase o Día Mundial do Teatro, o 27 de Marzo de cada ano. O seu principal obxectivo é dar a coñecer o que representa o teatro para cultura a nivel mundial. Este ano, o teatro galego encargoulle o seu manifesto a Isabel Risco.

O grupo de teatro afeccionado máis lonxevo de Galicia, celebrou o seu 85 aniversario en setembro, é o grupo de Asados Teatro Airiños publicou un vídeo no que nos recorda, entre outras cousas, que o teatro serve para vivir un soño estando espertos, algo tan necesario nestes días de encerro.

Por iso fostes convidados onte a ver espectáculos teatrais ou parateatrais. @s de 3º ESO, a ver o Cirque du soleil, que ofrecía un espectáculo gratis na rede. E @s de 2ºBACH a ver La casa de Bernarda Alba. Xa viramos en días pasados Eroski paraíso e A esmorga.

Hoxe, mentres agardo polas vosas impresións, propóñovos un reto: Entrar nesta páxina, descubrir que é unha ultranoite e investigar que grupo teatral se encontra detrás desa proposta teatral.

Paloma e Miguel sentiron curiosidade e tiraron do fío deste reto para construír estes artigos arredor do Día Mundial do Teatro, do teatro galego e da ultranoite…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website at WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: